Millán, Blanca

O gran libro dos nosos : mares / Blanca Millán e María Fernández Míguez (texto)/ Blanca Millán (ilustracións) - 1ª ed. abril 2024 - Vigo, Pontevedra : Cumio , 2024 - 45 p. : il cor ; 30 cm - O gran libro dos nosos... .

Despois de 'O gran libro da nosa horta' e 'O gran libro dos nosos montes', Blanca Millán volve cunha nova proposta divulgativa. Esta vez, dedicada aos nosos mares.

Sabías que máis do 70 % da superficie terrestre está cuberta de auga salgada? Este dato pon en valor a importancia dos mares e océanos nas nosas vidas, así como nas de miles de especies animais e vexetais que fixeron deste inmenso hábitat o seu fogar.

Nas páxinas deste libro, agardante moitos datos curiosos, ideas inspiradoras e actividades divertidas para que explores o mar en toda a súa grandeza. Ben sexa que esteas a gozar dun día de praia, explorando o porto ou practicando algún deporte acuático este libro convídate a mergullarte nunha viaxe emocionate. Embarcaste nesta aventura?

Un libro pensado para gozar da natureza con nenos e nenas e descubrir as marabillas que esconde.
Dividido en útiles capítulos para buscar toda a información que precisas.
Repleto de ideas orixinais para saír de excursión e entender o que os nosos océanos nos ofrécen.
Fantástico manual de xogos e actividades na natureza para todas as idades.


4º-5º-6º Educación Infantil 1º-2º Primaria

9788482896694


Natureza--Mar

50

Coa tecnoloxía Koha