Douzou, Olivier

Rizos de Ouro e os tres osos / Olivier Douzou - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2022 - 40 p. : il. cor ; 29 cm - TRAS OS MONTES .

Presentámoslles aos nosos lectores unha versión moderna e innovadora do conto clásico “Rizos de Ouro e os tres osos”, que por primeira vez documentou o poeta inglés Robert Southey en 1837 a partir da tradición oral.

Esta nova adaptación achega a vivacidade duns escenarios e uns personaxes xurdidos da síntese ortotipográfica. O autor, Olivier Douzou, transforma os signos facéndonos sorrir: o 0 amarelo é Rizos de Ouro; o 1, un peto; o 4, unha cadeira e o 3 horizontal, as orellas do oso.

Este álbum, cargado de humor e creatividade, propón unha reflexión sobre os límites da liberdade individual. Os máis pequenos identificaranse coa incredulidade e a decepción do oso máis miúdo intuíndo que a curiosidade de Rizos de Ouro ten consecuencias inevitables.

A obra de Olivier Douzou pretende estimular a percepción do lector de calquera idade á vez que convida a xogar co grafismo, presenza constante nas nosas vidas. A súa formulación estética entra así, de maneira natural, dentro da corrente do simbolismo abstracto en ilustración.

A protagonista deste conto lánzase á aventura de procurar o seu lugar no mundo coas ferramentas da fantasía e a curiosidade.

1º-2º Primaria

9788413431413


Albúmes ilustrados
Diversidade e inclusión

82-N