Floriano Novoa, María José

Terra de ninguén / María José Floriano Novoa - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2022 - 40 p. : il. cor ; 22 cm - MareMar .

Título orixinal: El Gallinero.

O texto compleméntase á perfección coas ilustracións realistas de Federico Delicado, cheas de detalles alegóricos: son as imaxes as que traen ao plano da realidade a dimensión simbólica das palabras.

«Terra de ninguén» transcorre na Cañada Real, o asentamento chabolista de maiores dimensións en toda Europa. O núcleo deste poboado marxinal é o escenario do impactante relato de María José Floriano, que converte en literatura a dura realidade de milleiros de persoas a través da mirada sinxela, doce e creativa da infancia. Unha obra imprescindible, audaz e comprometida cos excluídos da sociedade, que lles dá voz ás nenas e aos nenos que viven nesas contornas, e que achega visibilidade a unha problemática enquistada dende hai anos, entre o desmantelamento parcial das construcións e o realoxamento das familias.
Destaca a dimensión metafórica que os protagonistas lle dan á súa vida cotiá xogando a oficios circenses en condicións de risco e perigosidade, e facendo extensible ese carácter lúdico ao ámbito dos adultos, que transcorre entre a supervivencia dos máis vulnerables e as actividades á marxe da lei. E a pesar da falta de recursos, son nenas e nenos con resiliencia e esperanza, que utilizan o pouco que teñen para desenvolver a súa imaxinación, que proxectan os seus soños, emocións, dúbidas e ilusións.

1º-2º ESO 3º-4º Primaria

9788413431611


Chabolismo
Pobreza
Marxinalidade
Desigualdade
Solidariedade
Infancia
Dereitos humanos
Dereitos da infancia
Amizade
Familia
Xogos

82-9 AI 82-N

Powered by Koha