Isern, Susanna

ONDE ESTÁS CARACOL? / Susanna Isern - 1ª ed. - : OQO , 2013 - 48 p. : il. cor ; 25 cm

No entanto, coma tantos outros relatos clásicos de amor, a relación de Caracol e Lagartiña parece imposible. Se, noutros, os obstáculos proveñen de pertencer a clases diferentes, neste caso, a especies dispares: Caracol non pode saír ao sol, xa que queda seco, e agarda escondido dentro da súa cuncha a que comece a choiva. Pola contra, Lagartiña enferma ao mollarse.

Debido a estas circunstancias, as dificultades para poder atoparse preséntanse insuperables, ao ser contraproducentes para ambos. No entanto, o amor todo o pode.

Estamos ante unha historia de constancia por parte dos dous protagonistas, e tamén de loita contra a adversidade, aínda que esta sexa, principalmente, meteorolóxica. Consecuentemente, Caracol e Lagartiña terán a súa merecida recompensa, como adoita suceder cando hai tenacidade e nos guían os bos sentimentos.

1º-2º Primaria

9788498714654

84498714656


Caracois
Amor
Sentimentos

82-N

Powered by Koha