Iglesias, Anxo (1967-)

Unha nova dimensión / Anxo Iglesias - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2022 - 104 p. : il. cor ; 19 cm - Merlín ; 327 .

Premio Merlín 2022.

A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!

Trátase dun poemario narrativo que vai dando conta das sucesivas dimesións. Do punto, á liña, da liña ao plano, do plano ao volume, do volume ao tempo, do tempo á poesía.
Os poemas son moi variados e están cheos de propostas lúdicas para o lector ou lectora baseadas nos xogos coa linguaxe e na experimentación formal.

5º-6º Primaria

9788411102070


Xogo de palabras
Emocións e sentimentos

82-P