Un día de chuvia e flores / Carme Solé Vendrell
by Solé Vendrell, Carme [Author]; Solé Vendrell, Carme [Illustrator]; Sotelo, Alberto [Translator].
Type: BookPublisher: Pontevedra : Kalandraka , 2023 Edition: 1ª ed.Description: 32 p. : il. cor ; 23 cm.ISBN: 9788413432113.Subject(s): Cooperación | Sensibilidade | Antibelicismo | Natureza | XenerosidadeOnline resources: Click here to access online Abstract: Tras recoller flores silvestres, o protagonista vai ofrecéndoas segundo avanza no seu camiño: primeiro aos animais do prado, logo a un campesiño sobre un carro, tamén á condutora dun vehículo, ao persoal dunha fábrica fumegante, aos habitantes dunha vila... Con ese xesto tan sinxelo consegue que a monotonía, o silencio, a polución, a violencia… se convertan en espontaneidade, ledicia, natureza, paz…Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Seis do Nadal Sala préstamo | 82N-G SOL dia | 1 | Available | PEC013000011523 |
|
Un texto mínimo e unhas ilustracións poéticas e metafóricas conteñen unha grande historia sobre como pequenas accións, humildes e silenciosas, son capaces de cambiar moitas vidas, incluída a de quen porta nas súas mans este libro.
«Un día de chuvia e flores» foi a primeira obra de Carme Solé Vendrell como autora integral. Para este clásico de 1981 inspirouse nunha escena que presenciou en Venecia, onde un neno cun paraugas aberto e un ramo de flores entraba no portal dunha casa.
Un día gris vólvese luminoso ao paso deste neno sensible e xeneroso. As imaxes, descritivas e de tons suaves, forman unha secuencia lineal e dinámica -grazas á variedade de planos que nos permite seguilo ao longo dos seus encontros e gozar dos efectos positivos de cada obsequio mentres se afasta.
Un libro practicamente visual cunha poderosa e necesaria mensaxe de cooperación, respecto ao medio ambiente e antibelicismo.
Tras recoller flores silvestres, o protagonista vai ofrecéndoas segundo avanza no seu camiño: primeiro aos animais do prado, logo a un campesiño sobre un carro, tamén á condutora dun vehículo, ao persoal dunha fábrica fumegante, aos habitantes dunha vila... Con ese xesto tan sinxelo consegue que a monotonía, o silencio, a polución, a violencia… se convertan en espontaneidade, ledicia, natureza, paz…
1º-2º Primaria