Faísca, a nena neandertal / Rosa Aneiros
by
Aneiros, Rosa [Author]
; Pisón, Xulia [Illustrator]
.
Type: 




Item type | Current location | Call number | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Seis do Nadal Sala préstamo | 82N-G ANE fai | 1 | Checked out | 23/02/2025 | PEC013000011899 |
|
Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistoceno. Desta volta, a súa principal ameaza será unha nena neandertal, rebuldeira e divertida, coa que deberán facer boas migas se queren sobrevivir nun mundo tan hostil como fermoso. O Paleolítico galego amosaralles os seus segredos mellor gardados, onde non todo é o que parece, amigos! Logo de viaxar ao Cretáceo en «Catro plumas de dinousauro», Xoel e os seus amigos viven outra apaixonante aventura, desta volta no Paleolítico, ao berro de «Mamut, cómeme o cu!».
5º-6º Primaria