As meigas de Lupa / María Solar
por Solar, María; Solar, María [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Fóra de xogo ;140.Editor: Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,2012 Edición: 1ª ed.Descrición: 108 p. ;21cm.ISBN: 9788499143750.Materia(s): 087.5-G | LITERATURA | Libro de texto | Libro de texto - B2 | Libro de texto - C1 | Libro de texto - galego | libro de texto - galego - B1 | libro de texto - galego - B2 | libro de texto - galego - C1 | Literatura - galego | Libro de texto - C2 | Intriga - Novela (ESO) | Raíña Lupa - Novela (ESO)Recursos en liña: Faga clic para acceso en liñaEste rexistro ten moitos ítems físicos (208). Faga clic aquí para velos todos.
Sección: Literatura xuvenil en galego
Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.
María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.
1º-2º ESO