Novos amigos / Tomi Ungerer
by Ungerer, Tomi [Author]; Ungerer, Tomi [Illustrator]; Senra Gómez, Sandra [Translator]; Senra Gómez, Óscar [Translator].
Type:
This record has many physical items (97). Click here to view them all.
Rafi e Ki teñen en común unha afección: a creatividade, a arte, a reciclaxe. A historia dunha grande amizade entre rapaces de diferentes orixes e culturas.
Fiel ao seu estilo cheo de colorido e detalles de carácter surrealista, Tomi Ungerer leva ao terreo do álbum ilustrado o seu compromiso social cos débiles e desfavorecidos: en “Novos amigos” rexeita o racismo e a intolerancia, ironiza sobre os falsos tópicos asociados a outras culturas e aplaude a diversidade de costumes. Tamén defende formas de creación distintas ás convencionais: a arte urbana e a arte-lixo a partir da reciclaxe son boas mostras.
Unha familia africana instálase nun novo barrio. No seu aniversario, o pequeno Rafi non ten a quen invitar porque aínda non fixo amizades pero, grazas ás ferramentas que o seu pai lle foi regalando, decide construír os seus propios amigos creando figuras con materiais reutilizados. Un día coñece a Ki, a filla dunha parella asiática que vive a carón da súa casa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. É así como, ademais de veciños, convértense en grandes amigos, unidos por unha afección común: a creatividade.
Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e por coller nos vertedoiros o necesario para traballar, nin autoridades que poñan trabas a que poidan continuar desenvolvendo a súa imaxinación. Sen embargo, Rafi e Ki fanse famosos polas súas obras e animan a outras persoas a facer o mesmo.
1º-2º Primaria