Tempo de outono / Concha Pasamar
por Pasamar, Concha [autor/a]; Pasamar, Concha [ilustrador/a]; Zaera Landeira, Maruxa [tradutor/a].
Tipo: LibroEditor: Madrid : Bookolia , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 36 p. : il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788418284106.Materia(s): Outono | EmociónsRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Un leve cambio na luz da tardiña, o lixeiro estremecemento que causa un sopro de brisa máis fresco, un novo matiz no ton das follas…: hai pequenos sinais ao noso redor que falan do fluír dos días. No seu murmurio case inaudible ás veces son capaces -abonda con manterse alerta- de guiar a nosa atención cara ao humilde milagre do cotián.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Seis do Nadal Sala préstamo | 82N-G PAS tem | 1 | Dispoñible | PEC013000010417 |
|
Tempo de outono é un álbum atemporal que percorre a beleza dos momentos aparentemente insignificantes e anima sutilmente a vivilos desde unha mirada atenta ao presente.
Esa consciencia do pequeno que consegue suspender a fugacidade do instante amósase aquí nun breve itinerario polos estímulos e as sensacións que a chegada do outono provoca na protagonista. Os cambios no ambiente e na natureza, que modifican tamén as nosas rutinas cotiás, preséntanse nunha linguaxe poética, con ilustracións nas que as cores se dosifican e acompañan un debuxo solto e expresivo feito a carbón. A paleta cálida e a técnica natural reforzan así formalmente o sentido dos textos que, sen mencionalo, apuntan ao feito de que vivir é un percorrido no tempo, e este non é máis que unha sucesión de pequenos presentes cheos de sentido.
Un leve cambio na luz da tardiña, o lixeiro estremecemento que causa un sopro de brisa máis fresco, un novo matiz no ton das follas…: hai pequenos sinais ao noso redor que falan do fluír dos días. No seu murmurio case inaudible ás veces son capaces -abonda con manterse alerta- de guiar a nosa atención cara ao humilde milagre do cotián.
5º-6º Primaria